O Concello de Baiona levará ao pleno do próximo xoves 14 de xullo unha modificación orzamentaria de ao redor de 400.000 euros.
O Alcalde, Carlos Gómez, explica que se trata da modificación de crédito máis importante do ano, cuxo maior porcentaxe de gasto vaise a deastinar a deseñar a Baiona do futuro”
Deste xeito, vaise a in verter na redacción de diferentes proxectos de importancia como son o da Ribeira, o paseo Pinzón, o da Praza de Santa Liberata ou o da Avenida Monterreal.
Os investimentos previstos nesta modificación de crédito tamén se centran en melloras en distintos camiños das parroquias da localidade.” Se vai destinar á mellora das infraestruturas municipais de vialidad, co obxectivo de garantir a seguridade no tráfico de vehículos e peóns e, de forma esencial, para favorecer a mobilidade e a accesibilidade en ámbitos urbanos e rurais, algo fundamental para mellorar a calidade de vida dos nosos veciños e veciñas”.
Outro dos grupos de investimentos importantes está vinculado á II fase de renovación del cemiterio municipal de Baiona. O actual goberno levo a cabo a primeira parte deses traballos poucos meses despois de acceder ao goberno e queren dar continuidade ás melloras cun novo investimento.
Outra das partidas máis importantes é a que se corresponde co proxecto de mellora no Barrio da Anunciada. levará a cabo un investimento de 145.000 euros que se executará en dúas fases. A primeira delas poranse en marcha este mesmo ano e os traballos licitaranse o máis axiña posible. A segunda parte executarase en 2022.
“O Barrio da Anunciada estivo discriminado polos anteriores gobernos polo que queremos saldar a débeda con este tradicional barrio baionés. levarán a cabo traballos de mellora no servizo de recollida de pluviais e do saneamento. Tamén no sistema de electricidade e arranxos no firme e na contorna da zona”, destaca o rexedor.
Realizado por: Marta González Pérez
Técnica de Comunicación
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal