A Concellería de Vías e Obras do Concello de Baiona atópase ultimando traballo de mellorar nos distintos centros educativos do municipio ante o inicio do ano escolar.
Así, procedeuse á construción dunha nova infraestrutura no CEIP de Belesar. Trátase da realización dun caseta para almacenar material de utilidade para o centro educativo. Unha solicitude realizada pola comunidade escolar que o consistorio non ha dubido en materializar. Tamén se realizaron arranxos nas canastras e as pistas deportivas.
“A Lei de Administración Tola establece que o Concello non asumirá actuacións que excedan as de mantemento e conservación dos colexios pero desde o Concello de Baiona estamos dispostos axudar e mellorar os colexios do municipio aínda que as competencias de educación sexan da Xunta de Galicia”, destaca o Concelleiro de Vías e Obras, Óscar Martínez Álvarez.
Pola súa banda, o Alcalde, Carlos Gómez Prado, referenda as palabras do concelleiro e incide en que “ Non soamente estamos involucrados no mantemento e conservación senón que imos un paso máis aló das nosas competencias municipais e realizamos obras de mellora nas infraestruturas dos distintos colexios de Baiona xa que hai demandas desde fai varios mandatos que non foron atendidas e facémolo en base da dispoñibilidade económica coa que contamos. Estamos ao dispor de calquera dos centros de educación e do alumnado baionés”.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal