O Concello de Baiona está realizando o arranxo dun camiño no barrio do Caeiro en Sabarís.
O obxectivo da intervención é a mellora do camiño saneando os tramos que tiñan a superficie danada e aplicando unha capa nova de formigón a todo o percorrido do mesmo. Así mesmo realizouse o rozado mecánico de cunetas e noiros por ambas as marxes do camiño.
O Concelleiro de Urbanismo e Vías e Obras, Óscar Martínez Álvarez, sinala que “trátase dunha actuación necesaria xa que o estado da pavimentación actual non era o adecuado, este viario é usado tanto para o acceso a leiras agrícolas como vivendas”. O concelleiro engade que “os traballos están sendo realizados por operarios municipais do departamento de vías e obras”.
Pola súa banda o Alcalde, Carlos Gómez Prado, comenta que “é unha actuación de renovación en beneficio do tráfico rodado. Así, os veciños e veciñas desta zona de Sabarís poderán gozar da mellora prevista ca pavimentación e aceso deste viario” e engade que “seguimos coa intención de por en valor as nosas parroquias, sempre co obxectivo de mellorar o día a día da veciñanza”.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal