Centro Municipal de Información á Muller: CIM
O Centro Municipal de Información á Muller é un recurso de carácter permanente, dende o que se articula unha intervención global dirixida a mulleres e que proporciona asesoramento xurídico, atención psicolóxica, orientación profesional e sociolaboral , así como calquera outra información encamiñada á consecución da igualdade efectiva entre mulleres e homes.
As actividades de prevención, información , asesoramento e loita en xeral contra a violencia de xénero, así como a atención ás mulleres vítimas de esta violencia serán prioritarias
Tamén será prioritaria a atención a mulleres pertencentes a outros colectivos en situación de vulnerabilidade e/o risco de exclusión social.
O CIM está cofinanciado pola Unión Europea PO Fondo Social Europeo Galicia 2014-2020.
986 357 554
(Previa cita, salvo urxencias)