O Pleno extraordinario celebrado esta mañá aprobou de forma provisional por unanimidade dos presentes, 10 concelleiros do PP e 1 do BNG, a primeira Relación de Postos de Traballo (RPT) na historia do Concello de Baiona.
A razón de celebrar un pleno extraordinario é que entre en vigor a principios do 2025, polo que se deben acurtar os prazos. O desenvolvemento da RPT realizarase en tres anos, sendo o 2025 o máis importante.
O goberno municipal e os representantes sindicais dos empregados da administración local han selado un acordo por UNANIMIDADE. Nun ano de traballo conseguiuse sacar adiante un ferramenta de traballo fundamental para o bo funcionamento do concello. Esta primeira RPT chega tras dous intentos anteriores infrutuosos de negociación, un no 2006 e outro no 2017.
O Alcalde e o Equipo de Goberno do Concello de Baiona, teñen a convicción e vontade de contar cun documento organizativo que defina, con claridade, a estrutura municipal e as funcións de cada un dos seus traballadores, conscientes de que iso vai redundar nunha mellora dos servizos públicos aos veciños e veciñas de Baiona.
“Trátase da primeira Relación de Postos de Traballo (RPT) do noso Concello e é froito do diálogo e o consenso. Axudaranos a crear a estrutura da administración local que queremos. Esta nova estrutura permitiranos ser máis eficientes e dar un mellor servizo á cidadanía. Este é o Obxectivo fundamental e realízase a través dous principios básicos: potenciar a estrutura de persoal e mellorar as condicións laborais dos traballadores municipais”, destaca o alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña.
Na organigrama proposto para a Relación de Postos de Traballo establécese unha estrutura da Administración municipal ao servizo do Concello de Baiona organizada en 6 Áreas de xestión:
1. Área de Administración xeral e transformación dixital.
2. Área de servizos económicos e planificación estratéxica.
3. Área de territorio.
4. Área de cultura, educación e deportes.
5. Área de benestar social.
6. Área de seguridade cidadá.
Entre as melloras que vai supor a aprobación deste documento, cabe destacar como novidade que se van a unificar as competencias de Rexistro, Padrón, Estadística e Atención á cidadanía nunha única unidade de traballo. Será moito mais polivalente e adaptada ás necesidades reais no campo da Administración electrónica, xa implantada no Concello de Baiona. Esta unidade chamarase SERVIZO DE ATENCIÓN Á CIDADANÍA E TRANSFORMACIÓN DIXITAL, reforzando o equipo de persoal con 5 prazas de nova creación nesta unidade que prestará servizos de atención á cidadanía nas diversas materias de competencia municipal.
Así mesmo, tamén hai que resaltar as melloras na área de Benestar Social: Amplíase o número de horas da avogada que pasará de 13 horas a media xornada. Ademais, crearase un posto de Psicólogo/a en persoal a media xornada para dar este servizo á cidadanía. Ante a gran demanda por parte das persoas usuarias deste servizo, tamén haberá un reforzo administrativo da área coa creación dun posto de oficial de administración na oficina de atención á cidadanía para atender as necesidades destas persoas.
Na área de Seguridade Cidadá dotarase o persoal da policía local con 16 policías, con Xefatura e 2 oficiais.
Doutra banda, foméntanse unidades de traballo como turismo, museo, biblioteca ou o aparcadoiro dotando de máis persoal estas unidades: Realízase unha mellora substancial no servizo que presta a Biblioteca Pública Municipal e a Casa da Navegación de Baiona, creando unha praza a maiores de auxiliar de biblioteca e ampliando a xornada do posto de técnico de museos, o que permitirá cubrir as necesidades organizativas.
Outra novidade é que tamén se reforzará o servizo do aparcadoiro municipal de “Ou Aral”.
No referente á escola de música, a dirección futura estará composta por un xefe de estudos e un secretario, postos que serán cubertos por profesores da escola de música de maneira rotativa.
“A nova RPT aclara e mellora a estrutura organizativa do persoal de traballadores municipais algo que repercutirá directamente na mellora dos servizos á cidadanía de Baiona. Terá vixencia durante moitos anos porque se trata da primeira estrutura do persoal da historia que o Concello de Baiona pon en marcha. Este é un momento histórico do que todos temos que congratularnos por conseguir ao fin, despois de moitos anos, unha RPT consensuada cos representantes sindicais de forma unánime. Foi un traballo enorme por parte de todos, da administración e dos representantes sindicais que habemos traballo conxuntamente.”, finaliza explicando o rexedor.
RPT
O Equipo de Goberno do Alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, iniciou a elaboración da RPT apenas 3 meses despois de acceder á alcaldía.
O rexedor acompañado polo seu equipo reuníase o 14 de setembro de 2023 coa empresa de consultoría especializada (EOSA) encargada de realizar a RPT e co persoal municipal do concello nunha primeira asemblea informativa para dar a coñecer aos traballadores en que consistía este instrumento técnico a través do cal as administracións estruturan a súa organización, clasifican os postos de traballo existentes e determinan o seu contido para facilitar unha eficaz prestación dos servizos públicos.
Durante este período, 6 meses foron de negociación cos representantes sindicais, no seo das mesas fóronse facendo propostas mesa a mesa que foron escoitadas polo equipo de goberno e incorporadas ao documento final.
O resultado da proposta foi aprobada por unanimidade en Asemblea o 27 de setembro do 2024 e ratificada o 1 de outubro do 2024 na mesa de negociación.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal