O goberno municipal e os representantes sindicais dos empregados do Concello do Baiona selaron un acordo polo que por primeira vez na historia da Corporación baionesa apróbase unha Relación de Postos de Traballo (RPT).
“Esta é a primeira Relación de Postos de Traballo (RPT) do noso concello froito do diálogo. O Obxectivo fundamental é dar mellor servizo aos veciños, a través dous principios básicos: potenciar a estrutura de persoal e mellorar as condicións laborais dos traballadores municipais”, destaca o alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña.
A confección da primeira relación de postos de traballo do Concello de Baiona como instrumento de ordenación dos recursos humanos a implementar no próximos tres anos e o resultado dun ano de traballo realizado por unha empresa de consultoría especializada (EOSA). Durante este período, 6 meses foron de negociación cos representantes sindicais, no seo das mesas fóronse facendo propostas mesa a mesa que foron escoitadas polo equipo de goberno e incorporadas ao documento final.
Nun ano de traballo conseguiuse sacar adiante un ferramenta de traballo fundamental para o bo funcionamento do concello. A empresa realizou entrevistas á metade do persoal municipal e realizáronse cinco reunións denominadas mesas de negociación. Froito de todo este proceso conseguiuse sacar adiante a RPT coa UNANIMIDADE dos sindicatos con representación no Concello de Baiona.
O resultado da proposta foi aprobada por unanimidade en Asemblea o 27 de setembro do 2024 e ratificada o 1 de outubro do 2024 na mesa de negociación. A proposta ten os seguintes eixos reitores
1. Confeccionar un organigrama municipal dotado por Áreas de xestión. Como novidade destacar proponse unificar as competencias de Rexistro, Padrón, Estatística e Atención á cidadanía nunha única unidade de traballo, moito mais polivalente e adaptada ás necesidades reais no campo da Administración electrónica, xa implantada no Concello de Baiona. Esta Unidade pasa a denominarse SERVIZO DE ATENCIÓN Á CIDADANÍA E TRANSFORMACIÓN DIXITAL reforzando o equipo de persoal con prazas de nova creación nesta unidade que presten servizos a atención á cidadanía nas diversas materias de competencia municipal.
2. Tras os procesos de estabilización temporal lei 20/21 coa aprobación da primeira RPT propóñense dar un paso mais de adaptación a normativa de referencia en emprego público e aumentar a estabilidade do persoal laboral mediante o acceso acceder a procesos de funcionarización. Unha vez aprobada a RPT o Concello abordará un Plan de funcionarización aos postos sinalados na RPT como funcionarios pero ocupados por persoal laboral fixo.
3. Implementar mecanismos de promoción interna a través abrir postos a dous grupos de titulación como Bibliotecaria, Delineante, Ordenanza-Notificador, Oficial de administración entre outros….
4. Introducir un principio de racionalización e regularización do sistema retributivo actual. Desta forma, regularízase eliminando a particular situación derivada da percepción actual, por parte do persoal municipal, de produtividades pasando a formar parte con complemento específico.
5. Optimízanse as prazas vacantes no Anexo de persoal do Concello creando novos postos de traballo contando con perfís profesionais mais cualificados adaptados as demandas dos traballadores do concello e que contarán con labores funcionades específicos (Ex: Enxeñeiro Xefe de Brigadas, Inspector de obras e servizos, Oficial de servizos..)
6. Foméntanse unidades de traballo como turismo, museo, biblioteca o aparcamento dotando de mais persoal estas unidades.
“A nova RPT aclara e mellora a estrutura organizativa do persoal de traballadores municipais algo que repercutirá directamente na mellora dos servizos á cidadanía de Baiona. Terá vixencia durante moitos anos porque se trata da primeira estrutura do persoal da historia que o Concello de Baiona pon en marcha. Este é un momento histórico do que todos temos que congratularnos por conseguir ao fin, despois de moitos anos, unha RPT consensuada cos representantes sindicais de forma unánime. Foi un traballo enorme por parte de todos, da administración e dos representantes sindicais que habemos traballo conxuntamente.”, finaliza explicando o rexedor.
O rexedor destaca que esta nova ferramenta organizativa conta coas achegas e o apoio por unanimidade da representación sindical do Concello de Baiona xa que houbo dúas ocasións anteriores, no ano 2006, e ,no ano 2017, no que a RPT quedou no caixón.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal