
O vindeiro venres día 11 de abril celebrarase como vén sendo xa habitual no multiusos de Sabaris unha nova edición do baile da segunda Xuventude, evento realizado polo Concello de Baiona para que os nosos veciños máis lonxevos poidan ter a oportunidade de divertirse e reencontrarse cos seus compañeiros e amigos.
Nesta ocasión, e despois de múltiples peticións dos asistentes anteriores, o Concello conseguiu que nesta edición, amenice a velada a orquestra Ángel América durante o evento que será como en cada unha dá as anteriores de 19:00 a 22:00.
Este mes, ambientarase o baile na Feira de Abril, facendo unha chiscadela ao pobo andaluz que este mes celebrará como cada ano esta festividade repleta de bailes e traxes típicos que serán benvidos por quen os queira traer.
Aproveitando que o 11 de abril é o Día mundial do Parkinson, aproveita a oportunidade e ven a bailar e a practicar vida saudable ao ritmo da música.
Concello de Baiona





