
Desde o Concello de Baiona poñemos en marcha este proceso para definir unha folla de roteiro que impulse un modelo económico máis xusto, resiliente e vinculado ao territorio. Apostamos por unha economía que sitúe ás persoas no centro, xere emprego digno e fortaleza o tecido local.
Este Plan enmárcase nun proxecto impulsado pola Consellería de Emprego, Comercio e Migración, orientado a apoiar aos concellos na definición de estratexias locais de economía social. Para o seu desenvolvemento contamos co acompañamento técnico de Larega, aplicando unha metodoloxía baseada na análise territorial, a participación social e o aliñamento coas principais estratexias galegas, estatais e europeas.
Abrimos agora unha fase crave: unha xornada participativa aberta á veciñanza e aos axentes económicos e sociais onde queremos escoitar á comunidade, identificar necesidades e poñer en valor fortalezas como a actividade mariñeira, o turismo sostible, o comercio de proximidade, o patrimonio cultural e o dinamismo asociativo.
Ligazón para a inscrición en:
https://forms.gle/vwgAc6ozg8hcPkxj7
Concello de Baiona





