
Desde o Concello de Baiona en colaboración con cibervoluntarios levamos ás parroquias “Pobo Dixital” un curso de capacitación dixital para adultos que necesiten mellorar a utilización do móbil realizando con maior celeridade as xestións do día a día.
É o primeiro curso dos que se realizarán nas parroquias de Baiona e estenderase ao resto das mesmas en diferentes xornadas, xa que o Concello de Baiona está a promocionar a adaptación de medios dixitais á vida dos veciños para que poidan realizar tarefas administrativas nesta época onde a maioría dos trámites pódense realizar de maneira dixital.
Desde o Concello de Baiona queremos agradecer a colaboración da asociación de veciños e veciñas de Baredo que se encarga da presinscripción.
Concello de Baiona.




