Este 10 de outubro é o Día Mundial da Saúde Mental, o Concello de Baiona, a través da Concellería de Política Social, ha organiza unha xornada que se celebra co obxectivo de concienciar á cidadanía sobre esta realidade e eliminar o estigma social que sofren as persoas afectadas.
Para o Concello de Baiona, a saúde mental é unha prioridade á cal se pretende dar un impulso cunha estratexia que permite facer fronte ao reto que supón a mellora no ámbito da saúde mental da poboación da man doutras institucións e das entidades da localidade. Neste marco, o Concello colabora coa asociación “Avelaíña, Saúde Mental”.
Este xoves, 5 de outubro ambas as entidades colaboraron na organización dunha actividade na que participaron veciños e veciñas do municipio nun paseo pola Península de Santa Marta acompañados por un guía que explicará “Cando Sir Drake quixo invadir Baiona”. Baixo o lema: Saúde Mental, Saúde Mundial: Un Dereito Universal desde a Concellería de Política Social e a asociación tratáronse tips sobre saúde mental. A misión foi a de promover a saúde mental e previr e atender os trastornos mentais a fin de mellorar o benestar psicolóxico e a calidade de vida de toda a poboación. O punto de partida do paseo foi na caseta dos socorristas da Praia de Santa Marta. A Concelleira de Turismo, Sheila González Martins, guía oficial turística da Xunta de Galicia, exerceu como tal na actividade na que participaron activamente os usuario da Asociación de Avelaíña dando a coñecer entre os participantes tips sobre saúde mental.
Baiona pode presumir de ser a primeira localidade que impediu un ataque do pirata Drake. O vindeiro domingo, día 8, cúmprense precisamente 438 anos desta xesta. O día en que os baioneses frustraron o asalto do temido corsario inglés á fortaleza de Monterreal. Desde o Concello pensouse ligar este feito cos tips de Saúde Mental e organizar esta actividade.
Esta actividade forma parte do proxecto de Deporturismo Social que recentemente se puxo en marcha desde o Concello de Baiona e que ao longo destes meses irá realizando máis accións deste tipo coa cidadanía.
A través da nosa contorna envexable queremos contribuír ao coñecemento da nosa historia, a realizar actividade física sociabilizar e dar pautas para a saúde en xeral, facendo fincapé na mental. A importancia de coidar de nós mesmos.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal