O alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, acompañado dos membros do seu equipo de Goberno, empregados municipais e veciños, presidiu esta mañá, fronte ao edificio consistorial, o minuto de silencio co que o Concello súmase á iniciativa da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) como mostra de solidariedade e duelo polas vítimas das fortes choivas e tormentas provocadas pola DANA ao seu paso por varias comunidades autónomas.
O alcalde dedicou ao comezo do mesmo unhas palabras de apoio para todos os familiares que tiveron algunha desgraza persoal durante o transcurso da riada.
O Concello de Baiona desexa render un recordo ás vítimas mortais e mostrar todo o agarimo, a solidariedade e o apoio, aos seus familiares e seres queridos e a todos os que o perderon absolutamente todo nas riadas.