
O Concello de Baiona levou a cabo unha xornada de convivencia entre veciños, no marco da celebración da Segunda Mocidade, reunindo a case 700 participantes nun día cheo de reencontros e convivencia.
A xornada comezou cunha misa en honra aos asistentes, seguida dunha comida no restaurante Rocamar, onde se congregaron numerosos veciños de todas as parroquias.
O acto contou coa presenza de Perfecto Rodríguez, director do Consorcio Galego de Benestar e Igualdade, quen compartiu unhas palabras de agradecemento e apoio a esta iniciativa que fomenta a participación e o benestar das persoas maiores na nosa comunidade.
Como mostra de agradecemento, e en colaboración coa Xunta de Galicia, entregáronse recordos a todos os asistentes durante a comida, nun acto que simboliza o recoñecemento e a valoración da experiencia e a sabedoría dos nosos maiores. Ademais, realizouse un sorteo de agasallos doados por diversos establecementos de Baiona, xerando ilusión e entusiasmo entre os participantes.
Desde o Concello de Baiona, queremos expresar o noso máis sincero agradecemento a todos os que fixeron posible esta xornada, especialmente aos patrocinadores e colaboradores que contribuíron ao seu éxito. Como broche final, entregouse o agasallo estrela: unha noite para dúas persoas no Parador de Baiona, un obsequio que sen dúbida será moi valorado polos afortunados.
Esperamos que todos gozasen desta xornada festiva, chea de reencontros, alegría e bo ambiente. Reafírmase así o noso compromiso de seguir promovendo actividades que fomenten a participación activa e o benestar dos nosos veciños.
Revisa o noso arquivo fotografico e descarga as que mais gústenche.
Concello de Baiona





