O encontro das persoas maiores do Concello de Baiona celebrouse no día de onte.
O Concello de Baiona estivo inmerso nos preparativos previos deste encontro e envío as cartas por correo postal aos veciños e veciñas do municipio maiores de 65 anos. Desde a administración local animouse ás persoas maiores empadroadas no Concello de Baiona a participar nunha xornada de convivencia, que se volveu a celebrar con gran interese por parte da veciñanza.
Desde a concellaría de Política Social, encargada da organización, ante a gran demanda por parte dos veciños e veciñas de Baiona, leváronse a cabo as xestións oportunas para que puidesen gozar deste día a maioría dos veciños que se achegaron ao Concello de Baiona a recoller as invitacións do evento. Finalmente, púidose ampliar o aforamento, quedando unicamente en lista de espera contorna a 30 veciños, os cales serán as primeiras persoas en ter a invitación do encontro do próximo ano.
Isto foi posible grazas a que por primeira vez desde que se celebra o evento no Concello de Baiona a Corporación Municipal ha cedido o seu sitio na comida para o goce de veciños e veciñas. A Corporación se acompañou aos presentes no encontro. Tamén o voluntariado colaborador ha cedido o seu lugar e desde a concellaría axustouse o aforamento ao máximo do restaurante conseguindo ampliar as prazas. Así mesmo, moitos veciños que nun principio retiraran a invitación e despois non podían acudir, foron devolvendo ao longo destas semanas a súa acreditación á concellaría para que outros puidesen gozar. Por iso, a concelleira estivo chamando por orde ás persoas rexistradas na listaxe de espera.
Finalmente 680 veciñas e veciños puideron gozar desta bonita xornada de convivencia.
A xornada comezou ao mediodía cunha misa na Ex-Colexiata e, desde alí, as persoas participantes foron trasladadas en autobuses até o restaurante Rocamar onde puideron gozar dun xantar de irmandade que se pechou cun baile. O Concello de Baiona puxo a disposición das persoas interesadas un servizo de transporte desde as distintas parroquias do municipio.
Entre as novidades que se realizaron por parte da concellaría está a realización de numerosos sorteos de agasallos entre a veciñanza grazas á colaboración de distintos comerciantes de Baiona. Tamén este ano por primeira vez cada un dos veciños e veciñas puideron levar unha foto de recordo ás súas casas e puideron facerse as fotografías nun bonito photocall realizado para a ocasión.
Desde a Xunta de Galicia tamén colaboraron co Concello de Baiona achegando un obsequio ás persoas maiores da Vila.
O alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, sinala que “desde o Concello de Baiona, retomamos esta proposta, entendendo que os nosos veciños e veciñas que gocen da xubilación deben ser recoñecidos como un dos alicerces onde nos sustentamos o resto da poboación e que grazas a todos e todas, podemos gozar da nosa vila. A realización deste encontro ten como obxectivo mostrar o noso agradecemento e fomentar o reencontro entre as persoas das distintas zonas de Baiona. O rexedor finaliza destacando que “puxemos altas doses de ilusión e agarimo na súa organización nesta xornada de convivencia na que os os nosos veciños e veciñas máis maiores puideron reencontrarse e gozar dunha xornada de confraternización”.
O rexedor de Baiona estivo acompañado pola concelleira de Política Social, Ana Iglesias Rodríguez, encargada de organizar o encontro, xunto co resto do equipo de goberno. Tamén acudiron concelleiros do PSOE de Baiona. Por parte da Xunta de Galicia, acudiu o director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo.
Desde a concellaría de Política Social do Concello de Baiona quérese mostrar o seu profundo agradecemento ao voluntariado de Protección Civil que colaborou ao longo de toda a xornada no evento e ao persoal do Concello de Baiona implicado na organización. Tamén se quere dar as grazas aos comerciantes que doaron diferentes agasallos para os sorteos.
Do mesmo xeito, quérese facer unha especial mención a todos aqueles veciños e veciñas que nun principio retiraran a invitación e non podían acudir e que foron a devolver o longo destas semanas a súa acreditación á concellaría para que outros puidesen gozar.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal