O Concello de Baiona, a través da Xefatura da Policía Local, organizou un curso de Soporte Vital Básico e DESA (desfibrilador Semiautomático), a través de instrutores pertencentes ao corpo da Garda Civil e facultativo pertencente ao servizo UCI do Hospital Álvaro Cunqueiro, no que participaron funcionarios da Policía Local así como persoal dos distintos departamentos do Concello de Baiona.
O primordial obxectivo da formación é que os axentes e o persoal municipal coñezan a cadea de supervivencia e poñan en prácticas técnicas de reanimación cardiopulmonar (RCP), o uso de desfibriladores e intervención de efectivos policiais e sanitarios en accidentes de circulación con uso de cascos de protección.
Todo iso co fin de reforzar a formación en atención de emerxencias a persoas con paradas cardiorrespiratorias.
Así se formou ao persoal en como deben actuar #ante esta grave incidencia ata o momento da chegada dos servizos sanitarios, xa que na maioría de situacións de emerxencias son os policías os primeiros en asistir debendo actuar con rapidez. A acción formativa consistirá en realizar teoría e prácticas das manobras de uso do desfibrilador externo semiautomático, así como aprender técnicas para liquidar situacións de obstrución da vía aérea por corpos estraños (OVACE).
O Concelleiro de Seguridade Cidadá, Óscar Martínez Álvarez, mostra o seu “agradecemento á Garda Civil, especialmente, ao tenente Félix Díaz Juan, xefe de Intervención de Armas da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra, encargado de impartir a formación en Baiona”.
“O curso de Soporte Vital Básico e DESA (desfibrilador Semiautomático) trátase dunha formación altamente demandada socialmente dada a relevancia ao poder prestar servizo de primeira intervención de apoio mentres chegan os servizos sanitarios ao lugar para atender a emerxencia.”, destaca o Alcalde, Carlos Gómez Prado.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal