As persoas participantes no proyecto “Vincúlate” recibiron unha visita moi especial: un grupo de 16 mozos e mozas de idades comprendidas entre os 8 e os 15 anos, que forman parte do proxecto socioeducativo EncaixaT, levado a cabo polo Servizo de Educación e Apoio Familiar do Concello de Tomiño. Os tomiñeses e tomiñesas quixeron coñecer de primeira man o funcionamento deste pioneiro programa posto en marcha polo Concello de Baiona.
Acompañados polo Alcalde de Baiona, Carlos Gómez, pola Concelleira de Servizos Sociais, Conchy Vara, a directora da oficina de CaixaBank en Baiona, Yolanda Pérez, pola responsable do proxecto no concello e pola responsable de ADA intervencións, encargada de traballar cos animais e as persoas participantes, o Alcalde detallou os pormenores desta actividade de intervención con animais. O rexedor, que desde o principio está moi implicado no proxecto, e co que os mozos e mozas empezan a ter confianza xa que é habitual que se achegue ás actividades.
O propósito do encontro entre os participantes de ambos os proxectos foi que os mozos e mozas do concello veciño puidesen participar dunha xornada lúdico didáctica e coñecer como os participantes de “Vincúlate” traballan e aprenden a relacionarse cos cans á vez que melloran as súas habilidades sociais e a súa xestión emocional.
Foi un día fantástico no que todos e todas participaron nas actividades de forma conxunta e quedou de manifesto o bo facer dos participantes do programa, que nos case xa catro meses de traballo están alcanzado moitos dos obxectivos propostos tanto no que respecta as súas habilidades como no relacionado cos cans cos que están a traballar.
A xornada finalizou cun compromiso de devolver a visita feita polos participantes do proxecto EncaixaT que posiblemente terá lugar no mes de setembro.
En canto aos procesos de adopción de cans, hai que apuntar que xa son dous os animáis adoptados e que hai tres máis que atópanse en proceso de adopción. Seguindo coa dinámica de facelos partícipes das distintas actividades lúdicas e deportivas na nosa área e de visibilizar a adopción dos cans, está previsto que o vindeiro xoves día 22, fagan unha saída en bicicleta cos cans polo paseo.
No proxecto tamén participan voluntarios da protectora, dúas delas ademáis, estudantes de cuarto curso de veterinaria. Outra moza en prácticas que estuda un ciclo de animación sociocultural e unha psicóloga que colabora con atención mais individualizada a algúns dos mozos e mozas.
A experiencia está resultando moi enriquecedora tanto para os trinta participantes no proxecto como para as distintas persoas que, dalgunha maneira, colaboran ou participan no mesmo.
É o caso da obra social “A Caixa” que desde que o Alcalde e a concelleira presentáronlle o proxecto non dubidaron en apoialo e mostrar a súa inestimable colaboración.
Non podemos esquecer tampouco a inestimable colaboración da concellaría de deportes do Concello de Baiona.
Dentro das actividades semanais que se realizan dentro da programación do proxecto a semana pasada recibiron a visita da responsable do departamento de etología da Facultade de Veterinaria de Lugo, moi interesada no proxecto, quen icluso se monstro moi interesada en realizar un convenio de colaboración xa que lles pareceu moi interesante o traballo que se está levando a cabo en Baiona.
O Proxecto “VincúlaTe” foi posto en marcha polo Concello de Baiona desde o departamento de servizos sociais a través do Servizo de educación e apoio familiar municipal en colaboración cos departamentos de orientación dos distintos centros educativos de Baiona. O seu obxectivo é promover a melloría das distintas funcións e concretamente das sociais, emocionais e cognitivas así como proporcionar pautas saudables de comunicación.
Realizado por: Marta González Pérez
Técnica de Comunicación
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal