O Concello de Baiona, a través da súa concellería de Servizos Sociais, que xestiona a edil, Conchy Vara Rodríguez, informa de que está aberto o prazo de inscrición para presentar as solicitudes para participar no Programa de Termalismo do Imserso para a tempada 2022.
O pasado 16 de novembro, o Instituto de Maiores e Servizos Sociais publicou unha resolución na que se informa das datas e quendas dispoñibles para tomar parte no Programa de Termalismo do Imserso, dirixido a pensionistas. Nela detállase a existencia de dúas quendas, o primeiro de febreiro a agosto e o segundo de setembro a decembro.
No primeiro dos casos xa está aberto o prazo para solicitar praza (ata o 31 de decembro), mentres que para a segunda quenda o prazo vencerá o 15 de maio de 2022.
Para calquera información pódense poñer en contacto co departamento de Servizos Sociais do Concello de Baiona a través do teléfono 986385926 en horario 9 a 13. Tamén nas propias instalacións municipais situadas na planta baixa do edificio no mesmo horario.
A información e o formulario de solicitude de participación no programa de termalismo do Imserso tempada 20022 atópase dispoñible na páxina web do Concello de Baiona: www.baiona.gal
Máis información en:
https://www.imserso.es/imserso_01/envejecimiento_activo/termalismo/plazos_solicitud/index.htm
Realizado por: Marta González Pérez
Técnica de Comunicación
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal