A Concellaría de Servizos Sociais informa do a apertura de prazo de inscrición dos programas que o Concello de Baiona en colaboración con AFAGA está a impartir no municipio.
As persoas interesadas en participar poderán facelo desde hoxe, 6 de setembro, até o 30 deste mes.
Hoxe iniciouse un novo curso do Programa de Estimulación Terapéutica para persoas con necesidades específicas do que se están beneficiando veciños e veciñas do municipio. Tamén, do taller “Cultiva a Mente”.
Desde o departamento infórmase de que se abre este mesmo día o período de inscrición para participar nos talleres até límite de aforamento. As persoas interesadas deberán chamar ao teléfono 986 22 97 97 ou ao 986385926 en horario de 9h a 14h.
Os talleres do Programa de Estimulación Terapéutica para persoas con necesidades específicas diríxense a persoas co obxectivo de desenvolver a estimulación cognitiva e funcional, ao mesmo tempo que se proporciona apoio aos familiares coidadores.
Xa son moitos os veciños e veciñas do municipio que se beneficiaron o curso pasado e que este ano continúan coa experiencia, considerando que foi moi enriquecedora para eles.
O Alcalde do Baiona, Carlos Gómez Prado, destaca “o compromiso do Concello en proporcionar recursos á nosa poboación e dar continuidade a o programas, sendo unha resposta dos dereitos que a cidadanía demanda”.
Os talleres tendrá lugar os luns e venres nas instalacións do Edificio Multiusos Ángel Bedriñana, Rúa Carabela Pinta número 9, en horario de mañá de 10:30 h. a 13:00 h.
Igualmente, o Departamento de Servios Sociais, do que é responsable a edil Conchy Vara, dárá continuidade ao Taller “Cultiva a mente”, programa iniciado no ano 2019, cunha acollida elevada, consolidándose no 2020.
Este ano “Cultiva a mente” , dividirase en dous grupos os luns en horario de 16:00h a 18:00h e de 18:00h a 20:00h no mesmo emplazamento. O taller está dirixido a maiores de 55 anos interesados no desenvolvemento activo e participativo, promovendo hábitos de vida saudables, mantendo un rol que facilita unhas mellores relacións sociais, a prevención da soidade, así como a independencia e a autonomía persoal.
– Cartel Taller “Cultica a Mente” Taller Cultiva a Mente
– Cartel Programa Estimulación Terapéutica Programa Estimulación Terapéutica
Realizado por: Marta González Pérez
Técnica de Comunicación
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal