As persoas participantes no taller de “Cultiva a túa Mente” organizados pola Concellería de Servizos Sociais do Concello de Baiona en colaboración con AFAGA (Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Galicia) realizaron unha visita á exposición “Baiona Patchwork” que esto días pódese visitar na Capitanía Marítima da Vila.
A exposición “Baiona Patchwork mostra a reprodución e esta técnica de 14 pinturas do artista baionés Caíno.
Ana Barreiro, Ana Pacín, Ana María Vilar, Carmeli Figueirido, Diana Cedeira, María Monserrat, María Pérez, Nuria González e Sonia Blach son as veciñas que forman o ‘Grupo Baiona Patchwork’, unha iniciativa sen ánimo de lucro que naceu hai pouco máis dunha década da man de Li Goce, que as formou nas técnicas básicas da modalidade.
La profesor Li Goce explicou aos asistentes as diferentes técnicas e a historia do patchwork. Pola súa banda, Caíno acercouse a saudar e a agradecer a asistencia.
“Baiona Patchwork” exponse en Capitanía do 1 ao 12 de xuño.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal