As persoas participantes no curso do programa de Estimulación Terapeútica e do taller de “Cultiva a túa Mente” organizados pola Concellería de Servizos Sociais do Concello de Baiona en colaboración con AFAGA (Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Galicia) realizaron unha visita á fragata rusa Shtandart.
O Shtandart, unha réplica da fragata do século XVIII do tsar ruso Pedro I o Grande, estivo fondeada no porto deportivo de Baiona e os baioneses e baionesas participantes no curso gozaron dunha bonita xornada descubrindo o interior da fragata.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal