As persoas voluntarias que colaboraron estreitamente co Concello de Baiona durante a pandemia do COVID recibiron esta mañá unha homenaxe e recoñecemento da institución local.
Un acto onde se distinguiron tamén a entidades e empresas que neses momentos de crise sanitaria envorcáronse e dar o mellor dos seus servizos, colaboración e apoio tanto ao á veciñanza de Baiona. Entre estes atópanse: Protección Civil Valmiñor, a ONG “Ayuda al Mundo Necesitado”, ao Servizo de Atención ao Fogar “SAF” que presta servizos no concello “Idades”, ás farmacias: Sánchez Otaegui, Baíña de Baiona; e a Abizanda e a Cividanes- Alonso de Gondomar.
Na celebración, organizada na praza do Concello de Baiona, o Alcalde Baiona, Carlos Gómez Prado, e a Concelleira de Servizos Sociais, Conchy Vara, fixeron a todos eles un recoñecemento polo seu labor no municipio, dedicación, coordinación da emerxencia e entrega #ante a situación de crise provocada na pandemia.
O primeiro edil deu o parabén aos voluntarios, volunatrias e profesionais que participaron nos operativos daqueles días difíciles polo traballo arriscando as súas vidas nesta pandemia lembrando que “organizaron xornadas esgotadoras para fornecer Quilos de comida a persoas que non tiñan alimentos, coseron e repartiron máscaras a toda a poboación, acompañaron a anciáns que estaban sós para levarlles medicinas e axuda sanitaria. Eles estiveron ao pié do canón para atender ás persoas que o necesitasen , e chegaron ata todos, a calquera hora e en calquera momento que se lles necesitou, sempre dispostos e sen fallar nunca”.
No acto en homenaxe o alcalde quixo agradecer o seu esforzo resaltando que “a localidade está en débeda con eles polo que lle entregan diariamente de maneira altruísta e solidaria. Queremos que sintades orgullosos, admirados e queridos”, e puxo en valor a súa profesionalidade asegurando que “son anos de dispoñibilidade, compromiso, voluntariedade, os que avalan a súa solidariedade, implicación e predisposición nesta merecida homenaxe polo seu gran traballo”.
O acto tamén serviu para clausurar os programas de benestar social que a Concellería de Servizos Sociais puxo en marcha durante este curso. Trátase de actividades que o Concello impulsa para mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas que van desde os máis pequenos aos nosos maiores.
A través do programa municipal para exercitar a memoria e promover o envellecemento saudable realizouse o taller “Cultiva a túa mente” para axudar ás persoas para exercitar a memoria a través de xogos, dinámicas e outras actividades que lles axuden a estimular o seu cerebro, e a previr o envellecemento cerebral. Tamén os programas “Coídanos”. Tamén se levaron a cabo intervencións domiciliarias a través das novas tecnoloxías, un proxecto de colaboración coa Universidade de Vigo. Todos estes levados a cabo grazas á estreita colaboración existente entre o concello e a asociación Afaga Alzhéimer, encargada de impartir os cursos.
Así mesmo, as persoas usuarias do servizo de atención á saúde mental ofrecido pola Asociación Avelaíña tamén clausuraron as súas actividades. Esta asociación fai un gran labor na localidade de orientación ás demandas da poboación en relación á Saúde Mental, mellorando así a súa calidade de vida.
O Programa de Socialización “Entre Nos” posto en marcha polo Concello de Baiona en Baredo e Baíña semanalmente, clausurou a súa actividade cunha entrega de diplomas. Tamén o fixeron, as persoas mozas participantes do innovador proxecto “Vincúlate” no que participan mozas e mozos de entre 4 e 18 anos, ten a súa base na terapia con cans que foron abandonados. Unha terapia onde a súa fórmula e obxectivo busca aumentar a súa confianza e axudar a mellorar as súas capacidades sociais e de comunicación. Igualmente, o fin de curso académico das persoas bolseiras para aprender inglés en colaboración coa academia local “Royal Celtic Bay English Language School”; e o de “Ocio para todos” do Centro Juan María un convenio de colaboración que permite que o alumnado gocen durante catro semanas un campamento urbano do que poderán goza 15 persoas por quenda.
Red Alert: o acollemento dos refuxiados ucraínos e a Asociación Española Contra o Cancro, que informa e promove a concienciación á cidadanía sobre os factores para a prevención e detección precoz do cancro, e diminuír así a taxa de incidencia e/o mortalidade, así como a promoción de hábitos saudables. Información que o Consistorio ofrece a través das súas canles de comunicación, ademais de que colabora nos actos benéficos, campañas, xornadas e outras accións da AECC de Pontevedra.
Tanto o Alcalde como a Concelleira aproveitaron a clausura dos programas municipais para mostrar o seu profundo agradecemento a todas as entidades colaboradoras que permitiron que todos estes programas se lloeven a cabo en Baiona. Asimismo, expresaron a súa satisfacción pola valoración positiva que lles trasladaron as persoas participantes nas distintas actividades e felicitáronas polo seu esforzo e vinculación con este programa que fomenta e promove hábitos e estilos de vida saudables que aumentan o benestar das persoas de Baiona.
Entre as persoas asistentes ao acto de homenaxe había representates de distintos colectivos do ámbito social e dinamizador e representantes de distintas asociacións baionesas.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal