Nunha emotiva homenaxe aos nosos maiores, o Concello de Baiona a través da concellería de política social tivo unha xornada especial na que “Salito” deleitounos con guitarra flamenca, en honra a clausura do curso de estimulación de memoria con entrega de diplomas e o traballo realizado do ano.
Celebrouse no día de hoxe, 26 de xullo, coincidindo coa celebración do Día Internacional dos Avós.
Un curso que brindou Afaga Alzhéimer aos nosos maiores, ferramentas valiosas para manter a súa memoria.
O Día Internacional dos Avós é unha ocasión perfecta para recoñecer e celebrar a sabedoría e o amor que os nosos maiores achegan ás nosas vidas. Esta xornada non só foi unha homenaxe a eles senón un momento para compartir alegría e goce da música nunha contorna acolledora.
¡Grazas a todos por participar!