– As inscricións seguen abertas para todas aquelas persoas que queiran participar no programa
O Concello de Baiona inicio con gran éxito de participación nas parroquias do municipio o programa de prevención ao deterioro “Cultiva a Mente”.
A actividade está dirixida a persoas maiores de 55 anos sen deterioro cognitivo, interesadas na prevención do deterioro cognitivo e o coñecemento do envellecemento activo.
O obxectivo é o fomento de hábitos saudables dende un enfoque activo e positivo en áreas cognitivas, emocionais, funcionais e sociais como precursor dun axeitado mantemento de vida independente nas persoas adultas maiores participantes.
A metodoloxía é activa e dinámica, sempre cunha explicación e capacitación da funcionalidade e obxectivo de cada serie de exercicios e propostas.
Itinerario das sesións:
– Acollida.
– Información e formación teórica sobre hábitos e capacidades.
– Desenvolvemento de actividades e exercicios de base cognitiva.
– Desenvolvemento de actividades e exercicios de base funcional e motriz.
– Desenvolvemento de actividades emocionais e sociais.
– Peche: planificación da próxima sesión e proposta de actividades a domicilio.
As sesións desenvolveranse entre Outubro 2022 e Xuño 2023, realizaranse unha vez por semana e teñen unha duración de unha hora e media, serán impartidas polo equipo técnico de AFAGA.
A actividade de “CULTIVA A MENTE” está próxima comezou nas parroquias, tralo éxito do desenrolo da actividade en Baiona no edificio multiusos Ángel Bedriñana, r/ Carabela La Pinta. Nas parroquias lévase a cabo nos seguintes lugares e co seguinte horario: Baredo, Centro Cultural. Xoves 18:30-20:00. Belesar, Centro Cultural. Xoves 11:00-12:30. Sabarís, Multiusos. Martes 11:00-12:30. Baíña, Centro Cultural. Martes 18:30-20:00.
Requisito necesario: persoas empadroadas no Concello de Baiona.
As persoas interesadas en participar poderán recoller os impresos da súa solicitude no Departamento de Servizos Sociais do Concello de Baiona, de luns a venres en horario de 9 a 14 horas. Deberán rexistrar dita solicitude por rexistro de entrada do Concello de Baiona, horario de atención ao público, de 9 a 14 horas. Máis información chamando ao teléfono 986 38 59 26.
Na folla de inscrición se recollen os seguintes datos: nome e apelidos, enderezo, n.º DNI, data de nacemento, teléfono de contacto.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal