A campaña de “Coidados porta a porta” que ofrece coidados médicos gratuítos a maiores de 55 anos chegará a Baiona a próxima semana. O goberno local, a través da Concellería de Servizos Sociais, solicitou á Xunta este servizo, que se presta mediante unidades móbiles que realizan visitas de varios días aos municipios rurais. Nestes vehículos ofrécense servizos de oftalmoloxía, audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria ás persoas que non teñen facilidades para acceder a estas prestacións.
Unha unidade móbil deste servizo visitará o municipio os próximos días 30 e 31 de marzo, e o 1 de abril na Avenida Arquitecto Jesús Valverde (entrada do parador de Baiona).
Para máis información e cita previa no teléfono 622748283 ou no email: coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal
Realizado por: Marta González Pérez
Técnica de Comunicación
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal