O Concello de Baiona, a través da concellería de servizos sociais, puxo en marcha en 2020 un proxecto pioneiro de terapia con animais co fin de mellorar as habilidades sociais de nenos, nenas e adolescentes. Dous anos despois este proxecto converteuse en todo un exemplo de éxito. Tanto é así, que unha psicóloga americana especializada en trauma que se atopaba gozando dunhas vacacións na Villa, decatouse do proxecto e chamoulle tanto a atención, que solicitou unha reunión co Alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, para coñecer de primeira man este programa. O rexedor atendeu encantado a súa solicitude, e explicou detalladamente os pormenores desta iniciativa innovadora. Durante o encontro, ambos tamén intercambiaron opinións. A especialista americana coñecía outras terapias con cans pero non unha tan nova como a posta en marcha en Baiona que reportou tan bos resultados ás persoas participantes.
O proxecto propón que as persoas participantes apadriñen a un can, adéstreno e acompáñeno no proceso de acollida ou adopción por unha familia e durante este camiño, en paralelo e mediante o desenvolvemento dun programa de actividades, os menores traballen a súa intelixencia e comunicación emocional.
Todo iso a través de “ADA”, entidade destinada ás intervencións asistidas con animais e a mellora da calidade de vida das persoas a través da súa relación coa contorna natural.
Trátase dun programa para menores coordinado e financiado polo Concello de Baiona que se realiza a través do servizo de educación e apoio familiar do concello, en colaboración cos departamentos de orientación dos distintos centros educativos de Baiona, que seleccionan os perfís que máis se axustan á actividade.
Segundo indican desde a entidade organizadora das sesións, a relación cos cans incrementa os niveis de oxitocina nas persoas. Unha hormona que nos axuda a diminuír a tensión, combater os efectos da depresión á vez que mellora a construción de relacións de confianza.
“A posta en marcha deste proxecto forma parte do programa municipal “Vincúlate”, programa ideado desde o departamento de servizos sociais para dar resposta á crecente demanda detectada desde hai tempo, tanto no servizo como nos departamentos de orientación dos centros educativos, no traballo da intelixencia emocional. O proxecto está dirixido a aqueles menores que, tras unha valoración feita pola responsable do servizo de educación e apoio familiar do concello, en colaboración cos departamentos de orientación dos distintos centros educativos de Baiona, do que na actualidade benefícianse menores de entre 4 e 18 anos veciños e veciñas do concello, repartidos en dous grupos por idades.”, destaca o rexedor.
““Vincúlate” busca promover a melloría das distintas funcións e concretamente das sociais, emocionais e cognitivas así como proporcionar pautas saudables de comunicación. É unha intervención cunha meta orientada, planeada e estruturada, que se está levando a cabo polos profesionais da saúde e da educación do equipo de ADA Intervencións. O Proxecto Vincúlate ten a súa base na terapia con cans que foron abandonados. Unha terapia onde a súa fórmula e obxectivo busca aumentar a súa confianza e axudar a mellorar as súas capacidades sociais e de comunicación, un obxectivo que ao longo destes dous anos de traxectoria cumpriu con fartura xa que tanto as persoas participantes como as súas familias nos han trasladados os múltiples beneficios que experimentaron ao participar en “Vincúlate””, finaliza Gómez Prado.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal