Este ano o Departamento de Servizos Sociais do Concello de Baiona iniciou un novo programa denominado “Estimulación Terapéutica”, coordinado con la Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer (AFAGA) de Vigo.
“A detención da necesidade do mesmo, partiu do programa iniciado xa no 2019 “ Cultiva a túa mente”, desde onde se detectaron as necesidades dunha poboación que durante anos estivo esquecida pero para o actual goberno son parte primordial da nosa vila e por iso traballouse na prolongación dunha nova especialidade que as veciñas e veciños de Baiona viñan demandando”, destaca a Concelleira de Servizos Sociais, Concepción Vara Rodríguez.
O programa de Estimulación Terapéutica, non só incide nas e os usuarios, si non que abarca toda a súa contorna familiar e social, dando así un valor único, onde o coidador ou coidadora recibe o seu espazo de tempo e todo a información e apoio necesario ás súas inquietudes, dúbidas, ademais dunha atención personalizada si precísao.
A sociedade visibiliza un escenario e realidade diferente de como, porqué, e agora atopan unha integración compartida.
Cada semana, realízanse actividades diferentes, baseadas nas propostas dos e as usuarias, as observacións dos profesionais, a colaboración das Técnicas e a edil responsable do Departamento de Benestar Social.
Entre estas actividades, cabe destacar a que se levou a cabo como “Xornadas de Integración Xeracional”, onde o alumnado do C.P.I. de Cova Terreña, pola súa inquietude cara ás persoas maiores, o saber como estaban a pasar a situación tan excepcional e atípica que nos tocou vivir da man do seu profesorado, compartiron unha experiencia inesquecible para ambas as xeracións, deixando un día influente en sous memorias cheas de sensacións e achegas.
Así mesmo, as usuarias e usuarios do programa, trasladaron a todo persoa, familia e amizades, o día tan agradable vivido.
Esta actividade, é unha máis das que se van desenvolvendo no transcurso do programa e que proporcionan unha relevancia saudable nas vidas das persoas participantes e as súas familias, constituíndo así a calidade de benestar que lles corresponde por dereito.
El Alcalde, Carlos Gómez Prado, conclúe “en que non cesarán en buscar e pór a disposición da cidadanía todos os recursos necesarios que as veciñas e veciños de Baiona merecen”.
Así mesmo, agradecen á comunidade educativa si sensibilidade e labor realizado para dar visibilidade e concienciar nos dereitos deste colectivo moitas veces esquecido.
Realizado por: Marta González Pérez
Técnica de Comunicación
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal