
O Concello de Baiona entregou este sábado o Lazo de Honra a Mari Luz Iglesias (Sita), concedido pola Comisión de Honras e Distincións, nun emotivo acto.
O lazo de honra é unha insignia ou distinción municipal honorífica as corporacións locais outórgana esta condecoración para recoñecer publicamente a traxectoria de veciños salientables pola súa contribución e dedicación ao municipio.
Desde o Concello quíxose render homenaxe a esta persoa Presidenta da Irmandade da Santa Casa de Paz e Misericordia.
A Santa Casa de Paz e Misericordia fundouse en 1574, sendo a máis antiga de Galicia. Os motivos da súa fundación atenden á obra social para protexer aos máis desfavorecidos: guerras, epidemia de peste negra…
En 1993 foi declarada pola Xunta de Galicia de “Interese Histórico Artístico”.
A xornada estivo marcada polo recoñecemento ao traballo na conservación do patrimonio cultural do noso pobo ao longo de todos estes anos de Sita.
O acto contou coa presenza do alcalde de Baiona e outras autoridades municipais, poñendo en valor o traballo realizado por esta muller que permitiu posicionar a Semana Santa de Baiona entre os actos salientables da provincia e que promoveu a Irmandade da Santa Casa de Paz e Misericordia. A entrega do distintivo simboliza o resultado de anos de dedicación.
O rexedor con este acto quixo recoñecer os méritos de Sita, que levaron a nosa tradición á máxima categoría e con iso a Baiona.
O alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, fíxolle entrega do distintivo e comezou a súa intervención destacando que “É unha das persoas que coa súa paixón, devoción e fervor axudou a conservar os nosos costumes, tradicións e cultura, de forma altruísta e desinteresada”.
O mandatario no seu discurso destacou tamén que: “Este recoñecemento reflicte o compromiso de Sita ao longo de todo este tempo coa Semana Santa, a Irmandade da Santa Casa de Paz e Misericordia e con Baiona. Mari Luz Iglesias foi un pioneira na organización dos actos relixiosos e na consolidación de pasos que co tempo conseguiu consolidarse como un atractivo da Semana Santa de Baiona”.
Baixo a súa xestión tamén se recuperou a festividade de Santa Isabel, da Irmandade, celebración que ten lugar precisamente hoxe, 4 de xullo.
O rexedor de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, sinala que “desde o Concello de Baiona consideramos á Santa Casa unha parte moi importante do noso patrimonio cultural e relixioso, responsable da organización dos actos centrais da Semana Santa baionesa, entre os que destacan a Procesión dos Pasos. Algo que sen o incansable traballo de Sita e a súa Cabildo que hai detrás de Sita non sería posible”.
Pero a vinculación con Baiona de Mari Luz Iglesias vai moito máis alá. Son moitas as razóns que a comisión municipal atopou para outorgarlle esta distinción, que se resumen nunha vida preocupada polo ben do seu pobo. Ao longo da súa vida sempre se implicou nunha gran cantidade de iniciativas da vila de carácter cultura, relixioso ou benéfico. O seu labor na irmandade da Santa Casa de Paz e Misericordia, unha das institucións populares máis antigas de Galicia, merece o agradecemento cidadán. Investiu moitas horas en transformar e actualizar a imaxe da Irmandade adaptándoa aos novos tempos e dándolle un cariz integrador. Como presidenta da entidade, impulsou a posta en valor da capela da Misericordia, promoveu estudos sobre a irmandade máis antiga de Galicia e preocupouse pola recuperación e posta en valor das súas imaxes así como dos pasos e a Semana Santa de Baiona.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal





