O concello de Baiona en colaboración coa Xunta de Galicia e BigFormacion realizan un curso de capacitación informática para persoas desempregadas para a formación en competencias dixitais de maneira totalmente gratuíta e cun equipo informático tamén gratuíto para os alumnos que consigan superalo.
Celebraranse os cursos completos na aula informática do Mutiusos Ángel Bedriñana en horario de tarde de 15h a 20h e cada alumno recibirá un diploma en caso de superar o mesmo.
Para anotarse, hai que acudir á oficina do SEPE, cubrir o formulario do código QR do cartel de curso ou entrando na ligazón seguinte:
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfC25pLHgwtHJt51thTJf8sVkCR8inw29LReXKJ-MFVkFAOhA/viewform
Con este curso, desde o concello de Baiona, queremos formar aos veciños en competencias dixitais relacionadas con áreas pertencentes ao Marco galego de competencias dixitais dirixidas a persoas en situación laboral de desemprego. A impartición da orientación está orientada á obtención dos correspondentes títulos ademais da adquisición de coñecementos dixitais tan demandados nos tempos actuais así como a mellora das capacidades dixitais para persoas desempregadas para impulsar o emprendemento e desenvolvemento rural.
As accións formativas divídense en tres niveles: Nivel Básico, Nivel Intermedio e Nivel Avanzado, cunha duración de 200 horas cada un e coa posibilidade de obter unha tablet gratuíta ao completar un nivel. Comezaremos un Nivel Básico coa posibilidade de seguir cos seguintes módulos
Concello de Baiona