
As solicitudes para participar nos Campamentos Dixitais están abertas ata o 16 de xuño de 2025.
O Concello de Baiona elabora a través da Concellería de Mocidade, a Concellería de Tecnoloxías e a Fundación Esplai, a organización de varios campamentos de competencias dixitais durante os meses de xullo e agosto, de 30 horas de duración, sendo totalmente gratuítos.
Esta actividade está destinada a mocidade de entre 9 a 17 anos, existindo 3 grupos diferenciados por idades, e terá lugar no Centro Multiusos Ángel Bedriñana en horario de luns a venres de 10 a 14 horas.
Os participantes aprenderán conceptos básicos do uso responsable e consciente da tecnoloxía e das Redes Sociais, Fake News, programación e robótica educativa, intelixencia artificial, creatividade dixital, ciberseguridade e prevención do ciberacoso, realidade aumentada e realidade virtual, e ademais realizarán actividades lúdicas e de lecer saudable.
Más información na Concellerías de Xuventude, no teléfono 986385921, ou en xuventude@baiona.gal.
Concello de Baiona





