A Secretaria Xeral da Comisaría Local de Vigo-Redondela, a inspectora xefa Esther Arén acompañada de membros do Corpo de Policía presentou ao alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña e ao concelleiro de tecnoloxía, David González Misa, as novas Unidades Móbiles de Documentación (VIDOC).
Estas unidades veñen con melloras para os veciños, entre as máis destacables temos:
A capacidade para emitir un documento en apenas 10 minutos, polo que os veciños non necesitarán pasar polos tres trámites habituais ata o de agora nas unidades móbiles (un día para a pegada, un día para a impresión nunha comisaría e un día para a entrega).
A posibilidade de expedir pasaportes. Este documento confeccionábase ata hoxe de maneira exclusiva nas Unidades de Documentación, polo que as novas unidades móbiles facilitarán e igualarán en posibilidades aos núcleos poboacionais que non dispoñen de infraestruturas de Policía Nacional.
O obxectivo é asegurar que servizos públicos tan esenciais como a expedición de documentos de identidade estean dispoñibles para todos os españois, vivan onde vivan.
Virá nas mesmas datas que as visitas presenciais no concello, e o lugar elixido, a Avenida arquitecto Jesús Valverde, na entrada do Parador, onde habitualmente sitúase o autobús para as doazóns de sangue e empezaremos a vela a partir do mes de abril.
Desde o concello de Baiona valórase moi positivamente a iniciativa, porque conlevará unha mellora evidente dos tempos de resposta aos veciños e a mellora evidente dun servizo moi reclamado polos veciños da vila.
Concello de Baiona