A proposta de alcaldía asinarase un convenio coa Dirección Xeral da Policía para a instalación dun Posto de Actualización de Documentación (PAD) que se aprobou este mércores por unanimidade dos grupos políticos na sesión plenaria de outubro.
O alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, sinala que “Se trata dun servizo co que se pretende mellorar a atención e a asistencia ás persoas que utilizan os certificados electrónicos do Documento Nacional de Identidade (DNI)”.
O PAD servirá para a renovación dos certificados electrónicos. Actualmente, teñen unha validez de 24 meses ou ata a data de vencemento do DNI cando sexa anterior, así como para o cambio das claves de acceso. Esa actualización realízase de forma voluntaria, gratuíta e por iniciativa do propio cidadán.
O PAD instalarase no espazo do rexistro municipal.
O Concello, ademais de ceder o espazo cunha toma de corrente e con conexión a internet, asume os gastos de mantemento, conservación e limpeza do lugar e a contratación e pago dos consumos de enerxía eléctrica e das liñas de comunicacións.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal