O Concello de Baiona rubricou a renovación do convenio de colaboración coa Dirección Xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas da Xunta de Galicia para o desenvolvemento conxunto do transporte metropolitano de Galicia na área de Vigo.
Desde o Concello de Baiona apostouse por rubricar este convenio para que os veciños e veciñas da vila poidan seguir gozando dos descontos de viaxar no transporte público e que permite seguir abaratando o prezo do billete do bus a acódelas usuarias e con sistema de bonificacións que non penaliza o transbordo entre as diferentes zonas da área.
O Alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, sinala que se asumiu o convenio “por responsabilidade e para beneficio de todas as baionesas e baioneses, a pesar de que el transporte regular é unha competencia exclusiva da Xunta e non municipal”.
La adhesión ao convenio de transporte metropolitano supón a Baiona un un gasto anual de 36.002 euros. Baiona sitúase no cuarto municipio da área que máis cantidade de gasto soporta, ao pasar de 29.214 de entrega en 2015 aos 36.002 en 2022. O convenio está financiado ao 80% pola Xunta que achega 1,4 millóns de euros ao ano, e ao 20% polos concellos, con 283.000 euros. Ten como finalidade abaratar o prezo do billete aos usuarios e fomentar o transporte público.
O Concello de Baiona ha ratificado esta liña de colaboración polas melloras que supón para os veciños e veciñas de Baiona usuarias do servizo. Carlos Gómez indica que “Queremos continuar coas accións de promoción do transporte público e fomentar unha mobilidade sustentable, unha cuestión pola que desde o Concello de Baiona faise unha aposta clara.” “Ademais, pretendemos axudar ás persoas que utilizan o autobús non só no abaratamento do prezo do transporte, tamén coa simplificación dos prezos mediante unha tarifa zonal e despenalización do transbordo, contribuíndo á integración dos sistemas de transporte interurbano e urbano.”
Realizado por: Marta González Pérez
Técnica de Comunicación
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal