Esta fin de semana teremos cortes e regularización de tráfico en puntos da nosa vila pola realización de diferentes eventos:
Por unha banda, temos a Volta Ciclista Vigo COPA España que circula en dirección Ramallosa-Baiona centro pola PO552, en dirección A Roca pola EP 2202.
A hora prevista de chegada Baiona centro será ás 11:30 horas.
Teremos corte tráfico na PO552 desde rotonda autoestrada Sabarís ata rotonda de Villarosa e pre-corte en rotonda Rocamar para desvío dirección Vigo.
Seguidamente, temos a celebración do 181 Aniversario da Fundación do corpo da Garda Civil: horario protocolo de 12 a 13 horas e desfile desde entrada parador ata c/ Virxe do Pilar.
Situarase un helicóptero para visitar na zona de terra do parque infantil do parque da Palma.
Concello de Baiona