O Concello de Baiona informa de cortes de tráfico e afección da circulación en varios puntos do centro da localidade, concretamente na zona coñecida como “Os Tendais”, durante varios días, con motivo das obras de asfaltado que levarán a cabo nas rúas do municipio.
Estes traballos teñen como obxecto mellorar a calidade do estado do pavimento nun dos puntos de maior confluencia de vehículos da localidade.
A actuación consistirá no fresado e asfaltado dos tramos sinalados, a sección completa, deixando totalmente reformado o pavimento da calzada nos mesmos.
Concretamente, o primeiro dos cortes de tráfico e de prohibición de aparcamento para levar a cabo os labores de limpeza previas ao asfaltado, producirase mañá, mércores 8 de xuño, na rúa Dolores Agrelo ata a rotonda coa rúa Venezuela e na zona de aparcamento do Pavillón Municipal de Deportes.
Os cortes de tráfico levaránse a cabo de forma paulatina segundo váianse realizando os traballos de mellora nos viais. Así, o xoves , día 9 de xuño, a zona afectada polo corte de tráfico e a prohibición de estacionar será a rúa Palos de la Frontera e a rúa Cuba.
O venres, día 10, procederase ao asfaltado do aparcamento do pavillón e de Dolores Agrelo ata a rotonda coa rúa Venezuela, polo que está zona volverá estar restrinxida ao tráfico e ao aparcamento.
O luns, día 13 de xuño, asfaltarase o tramo restante da rúa Dolores Agrelo e Palos de la Frontera ata a rotonda coa rúa Cuba, someténdose estas rúas ás restricións sinaladas anteriormente.
O martes, día 14 de xuño, procederase ao asfaltado da rotonda con Carabela Pinta e tramo de Palos de la Frontera ata a rotonda coa rúa Cuba polo que as restricións afectarán a estas vías.
Os traballos de mellora dos viais acabarán o mércores, 15 de xuño, co asfaltado da rúa Cuba e a súa rotonda.
Desde o Concello de Baiona faise un chamamento á colaboración da veciñanza para que os traballos desenvólvanse da mellor forma posible, solicítase prudencia á hora de circular pola zona e pídense desculpas ás persoas afectadas polas molestias que poidan ocasionar as obras aos veciños e veciñas do municipio.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal