
A publicación “10 cosas que hacer en el Camino Portugués” pode conseguirse de maneira gratuíta na oficina de Correos e na oficina de Turismo de Baiona
Correos presentou na Biblioteca Municipal de Baiona o novo mapa “10 cosas que hacer en el Camino Portugués”, unha publicación editada por O Camiño con Correos que ofrece aos peregrinos unha guía práctica con recomendacións ao longo deste roteiro xacobeo, tanto polo interior como pola costa.
Ao acto asistiron o alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña; a concelleira de Turismo e Igualdade, Sheila María González Martíns; o concelleiro de Cultura, Policarpo Vilar Misa; o xefe de sector de oficinas de Correos, Miguel Blanco González, e o director da oficina de Correos de Baiona, Carlos Meijome Juiz.
Esta publicación explica aos peregrinos algúns dos lugares de interese turístico e cultural que se atoparán ao longo do Camiño. O plano permítelles orientarse nas distintas etapas e ofrécelles consellos en castelán e inglés.
O novo mapa de Correos ofrece aos peregrinos que realizan o Camiño Portugués 10 consellos segundo o seu punto de partida:
Se o fan desde Tui, recoméndase visitar a Catedral de Santa María, gozar do legado arquitectónico de Antonio Palacios no Porriño e coñecer o pazo dos Marqueses en Mos, se o fan desde na Guarda, aconséllaselles coñecer o Monte de Santa Trega, o mosteiro de Oia, o centro histórico de Baiona e degustar as recoiro do Mercado da Pedra de Vigo.
Para a Variante Espiritual, anímase a gozar do patrimonio cultural e natural da contorna de Vilanova de Arousa e os mosteiros de Poio e Armenteira. Nas etapas comúns do Camiño, recoméndase visitar a enseada de Redondela, a igrexa da Peregrina de Pontevedra, os balnearios de Caldas de Reis e o paseo do Espolón de Padrón.
Con esta publicación, que convida a descubrir o patrimonio cultural, natural e gastronómico de cada etapa, Correos busca por en valor as diferentes localidades do Camiño Portugués e ofrecer á peregrinos información útil sobre este roteiro que o ano pasado percorreron máis de 170.000 peregrinos, consolidándoa como unha das máis transitadas cara a Santiago.
Concello de Baiona





