Se foses preguntarlle a Talek Nantes cal é a súa maior paixón, é probable que a súa resposta sexa o poder explorar o mundo máis aló do alféizar da súa xanela. Esta blogueira de EE.UU., concretamente de Nova York, viaxou ata Baiona para coñecer de primeira man os atractivos que ofrece a Vila Mariñeira.
Falamos dunha persoa que inspira e descobre sitios con encanto, mar, montaña, natureza…e deleita coas súas instantáneas fotográficas, sempre dunha beleza extraordinaria. Simplemente vendo algunhas das súas imaxes, logran transportar aos seus seguidores a recunchos espectaculares do mundo. A experta en viaxes contará a súa experiencia en Baiona no seu blog, travelswithtalek.com, ao gran número de persoas que a seguen. Contará no seu blog especializado a súa experiencia como visitante da Real Villa. Unha gran oportunidade para Baiona para mostrar o seu encantos a través da rede e traspasar fronteiras máis aló do Océano Atlántico.
A bloguera conta con perfís nas distintas redes sociais existes, ademáis do seu blog propio. A través das novas tecnoloxías creou unha comunidade de viaxeiras e o seu público obxetivo son mulleres maiores de cincuenta anos que poden viaxar en grupo ou solas moi fiéis que suelen realizar as viaxes que recomenda a blogueira. Segundo as súas palabras “Trátase dunha comunidade moi activa na que intercambian información, fan preguntas, recomendan destinos…Entre os aspectactos máis valorados nos destinos están a seguridade e o confort e entre o seus gustos está a cultural, a gastronomía, a historia…en difinitiva todo o que ofrece Baiona”.
A seu viaxe ata vila mariñeira, non é casual: Ela é de Nueva York, naceu alí, pero a súa familia é cubana. O seu home vive en Nova York desde pequeno pero é cubano de orixe galega. Influenciada polas raíces do seu home e motivada por él fixo algunha reportaxe sobre Galicia que colleitou moito máis interés entre os seus seguidores que outros artigos. Ésta e outra das razóns polas que precisamente se encontra aquí en Baiona: para solicitar información e coñecer de primeira man todo o que ofrece a localidade para falar de Galicia en xeral e de Baiona en particular.
Antes de comezar a súa visita por Baiona, o Alcalde de Baiona, Carlos Gómez, quixo intercambiar unhas palabras con ela, e achegouse ata a oficina municipal de turismo para recibila e darlle a benvida á localidade.
“En Baiona fará unha visita polo museo flotante da Carabela Pinta e polo Centro histórico da localidade. Tamén deleitarase cos manxares da gastronomía local. Estará aloxada na Vila durante dous días, os cales aproveitará ao máximo para coñecer os atractivos que ofrece a vila mariñeira, o seu comercio, a súa hostalería e as súas xentes para logo facerlle chegar a información ao seu gran número de subscritor@s”, destacou o Alcalde, Carlos Gómez Prado.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal