
O futuro do turismo local pasa por unha aposta decidida pola sustentabilidade, a calidade e sobre toda a cooperación público-privada
O proxecto FISATUR representa unha oportunidade para proxectar nacional e internacionalmente a imaxe de Baiona como destino de turismo mariñeiro sostible e de calidade, e é un motor para novas iniciativas empresariais, formación, e innovación, fortalecendo o tecido económico e social da nosa vila.
Apostar pola innovación e a sustentabilidade reforza a nosa posición entre os destinos turísticos máis importantes, xerando emprego, atraendo investimento e ampliando a nosa tempada turística máis aló do verán, en beneficio de toda a comunidade local.
A nosa implicación en FISATUR o que pretende é que se diversifique a oferta con experiencias e produtos vinculados ao noso patrimonio pesqueiro, a cultura mariñeira e a economía azul, que son a esencia de Baiona e tradúcense en vivencias únicas para quen nos visita.
Desde o Concello de Baiona convidamos a veciños e visitantes a participar na xornada que se desenvolverá mañá sábado 27 de setembro nas inmediacións do Paseo Ribeira, a praia Concheira e en capitán marítima.
Concello de Baiona



