Tras a aposta esta nova tempada estival por diferentes iniciativas coas que dar a coñecer a riqueza patrimonial e cultural do municipio con diferentes programas de visitas gratuitas e coas que reactivar o sector turístico despois do Covid-19. A Concellería de Turismo, á fronte do Alcalde, Carlos Gómez Prado, decidiu ampliar a oferta ao mes de setembro despois da gran acollida que tivo a iniciativa nos meses de verán.
Desta forma, dáse continuidade á reactivación do sector turístico neste mes e ofrécese unha alternativa segura aos visitantes que se acheguen a coñecer o municipio.
Así, este xoves, 9 de setembro, as persoas interesadas poderán participar en “ Xoves no Camiño”, un programa posto en marcha para dar a coñecer o paso do Camiño Portugués pola Costa polo municipio.
A visita, que arrincará ás 10:00 horas desde a oficina de Turismo, percorrerá a Praza de Santa Liberata e continuará o trazado do Camiño Portugués pola Costa nas rúas Manuel Valverde, Conde e O Burgo, a praza Vitoria Cadaval de Sabarís, finalizando o traxecto na Igrexa de Santa Cristina.
O percorrido é lineal e a guía que acompañará ao grupo realizará o regreso a Baiona camiñando polo Paseo Marítimo. A duración aproximada é de 2 horas e 30 minutos cunha distancia de 3,5 quilómetros e dificultade baixa.
Recoméndase levar roupa e calzado cómodo, así como auga e protección solar.
Visitas guiadas polo Casco Vello
Ademais dos “Xoves no Camiño”, Baiona conta durante todo o mes de setembro coas visitas habituáis polo centro histórico. Celebraranse o 11, 18 e 26 ás 11:00 horas, desde a Oficina de Turismo.
Os participantes poderán gozar do amplo patrimonio cultural da Vila acompañados por unha guía oficial.
As visitas tamén son gratuitas. Durante 90 minutos, unha guía oficial de Galicia acompañará aos participantes durante un interesante percorrido por diferentes lugares emblemáticos da localidade entre os que se atopan o monumento Encontro Entre Dous Mundos, o Paseo Ribeira e o Centro histórico.
As visitas levaránse a cabo seguindo as medidas de prevención necesarias e cumprindo coa normativa vixente.
O número de asistentes será reducido (20 persoas) polo que é necesaria a inscrición previa na oficina de turismo (no correo electrónico: oficinadeturismo@baiona.gal, ou por teléfono no 986 68 70 67).
O punto de encontro para ambas as visitas, tras a confirmación de praza, será o palco do Parque da Palma.
AS persoas interesadas deberán acudir obrigatoriamente con máscara, manter a distancia de seguridade con outras persoas e acollerse en todo momento ás indicacións da guía.
Ambas as visitas serán guiadas por unha Guía Oficial habilitada pola Xunta de Galicia, como vén sendo habitual, e formada en materia de prevención de riscos laborais ante a COVID- 19.
Realizado por: Marta González Pérez
Técnica de Comunicación
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal