O Concello de Baiona aposta esta nova tempada estival por diferentes iniciativas coas que dar a coñecer a riqueza patrimonial e cultural do municipio con diferentes programas de visitas gratuítas e coas que reactivar o sector turístico tras o Covid-19.
Entre elas se cuentra “Xoves no Camiño”, un programa posto en marcha para dar a coñecer o paso do Camiño Portugués pola Costa polo municipio. A primeira ruta comezará o próximo día 15 de xullo e repetirase o xoves 29 de xullo. En agosto tamén haberá programadas outras dúas rutas, o 12 e o 26 de agosto.
A visita, que arrincará ás 10:00 horas desde a oficina de Turismo, percorrerá a Praza de Santa Liberata e continuará o trazado do Camiño Portugués pola Costa nas rúas Manuel Valverde, cale Conde e O Burgo, a praza Vitoria Cadaval de Sabarís, finalizando o traxecto na Igrexa de Santa Cristina.
O percorrido é lineal e a guía que acompañará ao grupo realizará o regreso a Baiona camiñando polo Paseo Marítimo. A duración aproximada é de 2 horas e 30 minutos cunha distancia de 3,5 quilómetros e dificultade baixa.
Recoméndase levar roupa e calzado cómodo, así como auga e protección solar.
Visitas guiadas polo Casco Vello
Ademais dos “Xoves non Camiño”, Baiona conta durante o verán coas visitas habituais polo centro histórico. Celebraranse a partir de 17 de xullo e até o 31 de agosto lvos martes e sábados, ás 11:00 horas, desde a Oficina de Turismo.
Os participantes poderán gozar do amplo patrimonio cultural da Vila acompañados por unha guía oficial.
As visitas tamén son gratuítas. Durante 90 minutos, unha guía oficial de Galicia acompañará aos participantes durante un interesante percorrido por diferentes lugares emblemáticos da localidade entre os que se atopan o monumento Atopo Entre Dous Mundos, o Paseo Ribeira e o Centro histórico.
As visitas levarán a cabo seguindo as medidas de prevención necesarias e cumprindo coa normativa vixente.
O número de asistentes será reducido (20 persoas) polo que é necesaria a inscrición previa na oficina de turismo (no correo electrónico: oficinadeturismo@baiona.gal, ou por teléfono no 986 68 70 67).
O punto de encontro para ambas as visitas, tras a confirmación de praza, será o palco do Parque da Palma.
Las persoas interesadas deberán acudir obrigatoriamente con máscara, manter a distancia de seguridade con outras persoas e acollerse en todo momento ás indicacións da guía.
Ambas as visitas serán guiadas por unha Guía Oficial habilitada pola Xunta de Galicia, como vén sendo habitual, e formada en materia de prevención de riscos laborais ante a COVID- 19.
Realizado por: Marta González Pérez
Técnica de Comunicación
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal