
O alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, participou hoxe na ITB Berlín, un dos principais escaparates turísticos do mundo, acompañado do ministro de Industria e Turismo, Jordi Hereu, e do director xeral de Turespaña, Miguel Sanz.
Baiona, presente dentro do stand de Turismo Rías Baixas, integrando a oferta da provincia nun espazo común que proxecta ao mundo o mellor do noso destino. Desde alí, presentamos Baiona como un enclave de excelencia, poñendo en valor o paso do Camiño Portugués da Costa polo noso municipio e o papel emblemático do Parador de Baiona, símbolo do noso patrimonio histórico e referente de calidade para o visitante internacional.
O mercado alemán é estratéxico para Baiona: trátase dun perfil de viaxeiro que valora a natureza, a autenticidade cultural, a seguridade e a sustentabilidade. Un turista que aposta por estancias máis longas, experiencias vinculadas ao territorio e ao Camiño, e que contribúe á desestacionalización, favorecendo un turismo equilibrado e respectuoso co noso litoral e coa vida local.
A presenza en Berlín permítenos abrir novas oportunidades, fortalecer relacións con turoperadores especializados en rutas culturais e de natureza, e consolidar sinerxías institucionais para seguir atraendo visitantes durante todo o ano, xerando impacto positivo na economía local e no emprego.Baiona continúa traballando para medrar con responsabilidade, combinando proxección internacional e compromiso coa veciñanza.
Concello de Baiona





