
A Concellería de Turismo de Baiona comeza coas habituais visitas guiadas durante a Semana Santa.
O xoves 17 e o sábado 19 de abril, ás 11:30 horas, comezará o percorrido guiado polo Centro histórico de Baiona. Saíndo desde a ouficina de turismo, e durante aproximadamente unha hora e media, os e as asistentes coñecerán de primeira man datos históricos dos principais recursos do centro da Vila.
O venres 18 de abril será a quenda para as visitas familiares. Debido ao gran éxito cultivado en anteriores edicións, realizarase a visita “Seguindo os pasos de Drake”, orientada a público infantil (maiores de 5 anos) e as súas familias. Será tamén ás 11:30 horas desde o posto de socorrismo da praia de Santa Marta. Ambas as visitas estarán guiadas por Guías Oficiais de Galicia.
É necesaria a inscrición previa por correo electrónico a oficinadeturismo@baiona.gal ata as 14:00 horas do mércores 16 de abril, especificando nome e apelidos de todas as persoas que asistirán, a súa procedencia, un número de teléfono de contacto por grupo e, en caso de menores de idade, a idade de cada un dos asistentes. A partir de Semana Santa, Baiona contará con visitas guiadas todos os meses ata final de ano.
Concello de Baiona






