O alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña e a Concelleira de Turismo Sheila González Martíns, entregaron onte mércores 20 de novembro, no Salón de Plenos do Concello, os distintivos ao Compromiso da Calidade Turística, Sicted, ás 30 empresas locais e servizos, que superaron o último comité de xuño:
Estas son: Monte Real Club de Iates de Bayona, Parador de Baiona, Óptica Baiona, Hotel Anunciada, Estación de Servizo Monte Real, Policía Local de Baiona, PRAIA RIBEIRA, PRAIA SANTA MARTA, PRAIA LADEIRA, PRAIA BARBEIRA, PRAIA DE FRADES, PRAIA CONCHEIRA, Le Sept, Recuncho Mariñeiro, Xamonería Jaqueyvi, Luna Baiona, Hotel Rompeolas, Xoiería Tula, Casa do Marqués, Apartamentos Ria de Bayona, Hotel Arce, Estelas, A Pedalería, Salón de peiteado Belmer, Restaurante Pedro Madruga, Ababides, Benestar Baiona S.L, Fisioterapia Val Miñor Café Bar La Llave e Oficina de Turismo-Concello de Baiona.
Ademais destas 30 empresas que renovaron distintivos, cabe mencionar que outras 6 superaron tamén a avaliación de seguimento: Ditas empresas son: Hotel Tres Carabelas, Viaxes Val Miñor, Bibendum, Mesón Xamonería Fidalgo, Casa da Navegación e Queimada Gastrobar.
A achega crave do SICTED, é a conciencia integral de destino e a identificación de obxectivos comúns por e para todos os axentes implicados, públicos e privados, turísticos e non turísticos.
Esta iniciativa ten como obxectivo, incrementar a experiencia e satisfacción dos turistas e visitantes, ademais de axudar ás empresas e servizos, a perfeccionar os seus procedementos de traballo, e está baseada na “mellora continua”.
Baiona leva traballando neste proxecto desde o ano 2.004 e na actualidade conta con 36 empresas e servizos adheridos e distinguidos, de 14 oficios diferentes.
Cabe resaltar, que varias empresas e servizos, hoxe en día dispoñen do distintivo da Q de Calidade, dando un paso máis, en prol da excelencia turística.
Estes son: Monte Real Club de Iates de Bayona, Parador de Baiona, Queimada Gastrobar e Oficina de Turismo-Concello de Baiona.
Concello de Baiona