A iniciativa, bautizada como “Baiona Natural” permitiu habilitar novos roteiros de sendeirismo entre as catro parroquias do municipio. Están adaptadas para público maior de 16 anos, este domingo é a quenda do roteiro “A Groba Panorámica”.
O roteiro é gratuíto e é necesaria a inscrición previa na Oficina de Turismo de Baiona no correo electrónico: oficinadeturismo@baiona.gal, ou por teléfono no 986 68 70 67.
A primeira das sendas denominouse “Chan da Lagoa-Baíña”, este roteiro tivo como eixo principal descubrir a historia pasada da Vila e visibilizar os vestixios que aínda podemos atopar. Ademais, potenciáronse os roteiros de “Descubre Baredo”, “A Groba Panorámica” e “A Groba Panorámica”.
Catro roteiros os montes da localidade para poñer en valor a súa riqueza paisaxística e etnográfica. Un itinerario de camiños que permitirá os baioneses e visitantes poidan gozar dunha incrible variedade de lugares para practicar sendeirismo, pasear etc á vez que se enriquecen do amplo patrimonio da vila
Os roteiros deseñados pola empresa Baiventura, empresa local que levará a cabo os percorridos, celebráronse no mes de abril, maio. Tamén neste mes de xuño e en setembro. O baionés á fronte da empresa local, David Fontán, será o guía.
Esta campaña enmárcase dentro da estratexia da A Concellería de Turismo de Baiona para reactivar o sector turístico na época post- COVID a través do ecoturismo. Deste xeito, compleméntase a oferta turística e cultural da localidade. Baioneses e visitantes poderán gozar dunha nova alternativa na que gozar do seu tempo libre.
Roteiro 3- “A Groba Panorámica”
Deseñada para dar a coñecer o patrimonio natural de Baiona gozando da contorna panorámica da vila. O roteiro de 7Km mostra a contorna marítima desde os mellores miradoiros do alto da Groba. Entre os puntos de interese polos que transcorre atópanse: miradoiro do Cortelliño, miradoiro Alto da Groba, A Gabiñeira, Granxa dá Tomada, Fonte dá Groba. Terá unha duración aproximada de 3 h, a súa dificultade é moderada e está recomendada para maiores de dezaseis anos.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal