A organización Green Destinations inclúe o foro de turismo sostible de Baiona, “Blue Atlantic Forum”, na súa listaxe das 100 iniciativas sobre turismo responsable máis destacadas do ano.
Así o recoñeceu a organización internacional Green Destinations, que estes días celebrou a décima edición das xornadas mundiais de destinos verdes, Green Destinations Top 100, no que se comparten e promoven historias que relatan iniciativas e proxectos innovadores e eficaces de destinos que traballan por un desenvolvemento turístico máis responsable.
A organización internacional Green Destinations distingue á iniciativa baionesa en recoñecemento aos seus esforzos por combinar o desenvolvemento turístico e a preservación do medio ambiente. O proxecto do Concello de Baiona é o único de España que aparece nesta listaxe de historias destacadas, no que se presentaron historias de boas prácticas de 42 países diferentes.
O Alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, sinala que “Este recoñecemento internacional vén abalar o traballo realizado polo Concello de Baiona que con proxectos como “Blue Atlantic Forum” aposta por novos conceptos como a economía azul, que pode converterse nun dos principais impulsores do crecemento de Europa no futuro. Para alcanzar isto, é fundamenta a INNOVACIÓN ( panca para o cambio), a PARTICIPACIÓN e a CALIDADE , ademais da SUSTENTABILIDADE . Buscamos reforzar a nosa posición como destino azul por excelencia dentro do panorama autonómico e nacional, tanto pola nosa situación xeográfica, como pola importancia económica das empresas dos sectores consolidados e emerxentes da economía azul na nosa contorna. Queremos seguir apostando por estas iniciativas” finaliza o rexedor, quen mostrou a súa alegría con este recoñecemento que dá a coñecer o potencial de Baiona como un municipio comprometido co turismo sostible.
Non é a primeira vez que un dos proxectos presentados por Baiona é elixida neste Top 100. Xa se recoñeceron iniciativas como as praias sen fume, a recuperación da antiga cetaria, a escola de vela adaptada do Monte Real Club de Iates e o safari etológico de garranos que chegou, finalmente, ao top 6 da edición anterior.
Green Destinations Top 100
O concurso celébrase baixo os auspicios da Top 100 Partnership, co apoio da Future of Tourism Coalition e a colaboración especial de ITB Berlin, QualityCoast, Good Travel Guide, Travelife, Ecotourism Australia e DO Turismo.
As candidaturas foron avaliadas polo equipo de evaluadores de Top 100, expertos dos países e socios, coordinados por Green Destinations. Os criterios de selección tiveron en conta elementos como a calidade da historia, a súa transversalidade, o seu nivel de innovación e a presenza de todos os alicerces da sustentabilidade.
O Comité Top 100, presidido por Albert Salman, Presidente de Green Destinations, subliñou que a selección para a lista Top 100 recoñece que estes destinos conseguiron un logro notable e inspirador para facer o turismo máis sostible e que merece a pena ser compartido co resto de destinos do mundo,
En marzo de 2025, na ITB de Berlín, as mellores historias da lista Top 100 de 2024 serán seleccionadas por un xurado para os premios anuais «Green Destinations Story Awards».
Listaxe: https://www.greendestinations.org/2024-top-100-unveiling/
BAF
Blue Atlantic Forum (BAF), organizado pola concellaría de Turismo e de Mar do Concello de Baiona, co apoio do Porto de Vigo e Abanca, e co financiamento de GALP Ría de Vigo A Guarda, Xunta de Galicia e a Unión Europea.
Profesionais e expertos en diferentes áreas como gobernanza azul, emprendimiento e innovación ou ecosistemas azuis compartirán os seus coñecementos e experiencias para atopar solucións innovadoras que impulsen unha economía azul máis próspera e promovan a sustentabilidade e o desenvolvemento económico a través do uso responsable dos recursos mariños.
Durante tres xornadas, debátese sobre economía azul atlántica e o seu cinco sectores con máis impacto: enerxías renovables mariñas, turismo, pesca, acuicultura e biotecnoloxía mariña. En concreto, abórdanse temas como a economía azul como facilitador estratéxico do territorio, as claves para unha transición enerxética sostible, o emprendimiento e a innovación, a cooperación como ferramenta de xeración de valor ou a pesca como elemento diferenciador dos destinos de costa, entre outros.
Blue Atlantic Forum converteuse nunha oportunidade para reflexionar, analizar os beneficios e desafíos da economía azul e xerar accións concretas que contribúan a un futuro sostible para as comunidades costeiras e o medio ambiente mariño. Ademais, trátase da plataforma ideal para establecer contactos e xerar novas oportunidades de colaboración na economía azul entre participantes de diferentes entidades e sectores.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal