O alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuíña, exerceu de anfitrión esta tarde na presentación da campaña de Turismo de Galicia 2023 “Galicia Senta Ben”.
Vázquez Almuiña, interveu en primeiro lugar no acto para dar a benvida á Vila ás persoas convidadas á presentación, a continuación falou Cesáreo González Pardal, presidente da Agrupación industrial de Turismo de Galicia. Pechou a quenda de intervencións o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda Valenzuela.
Turismo de Galicia elixiu ao Concello de Baiona para presentar esta nova campaña de promoción do destino Galicia deste ano. Baiona sitúase entre os destinos turísticos galegos por excelencia.
“Galicia Sienta Bien”. Ésta é a nova campaña para promocionar o turismo de Galicia que hoxe se presentou en Baiona. Esperamos que vos guste!
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal