A Concellería de Turismo de Baiona pon en marcha este sábado, 17 de maio, outra visita guiada temática con motivo do Día das Letras Galegas.
A visita realizará un percorrido desde a Oficina de Turismo por diversos puntos do centro e Casco Histórico de Baiona e, utilizando palabras específicas da lingua galega, explicará diversos aspectos do patrimonio material e inmaterial da Vila.
Cada palabra dará lugar a que os e as asistentes coñezan más información dun recurso patrimonial, dunha lenda ou dunha tradición.
O fin desta visita é poñer en valor a importancia da lingua na cultura e na idiosincrasia dun pobo vinculando os espazos físicos con elementos intanxibles que non se poden ver pero que son tan importantes como os recursos físicos.
Comenzará ás 11:30 horas e está orientada ao público xeral, tanto adultos como nenos. Terá unha duración aproximada de hora e media.
O aforo é limitado e é necesaria a inscrición previa na oficina de turismo, no teléfono 986 68 70 67 ou por correo electrónico a oficinadeturismo@baiona.gal (especificando nomes completos, procedencia e, no caso de menores, a idade de cada un deles). O prazo de inscrición remata o venres ás 14:30 horas.
Concello de Baiona