A tradicional Regata de Gamelas que servirá de pistoletazo de saída este venres ás 17:00h para as Festas da Anunciada que se celebrarán a primeira fin de semana de agosto en Baiona, concretamente o 4,5,6 e 7 de agosto.
Un total de 16 parellas varias embarcacións masculinas e femininas participarán na proba denominada Regata de Gamelas Vila de Baiona Gran Premio EuroRed. En concreto, 10 masculinas e 6 femininas, chegadas desde A Guarda, Tui, Moaña, Vigo, Cangas, e como non pode ser doutra maneira, as da propia Vila de Baiona.
Trinta e seis anos leva celebrando esta tradicional regata na Vila mariñeira e o Concello de Baiona, a través da Concellería de Actividades Marítimas, realizou un restauración destas tradicional embarcacións baionesas.
O Alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuíña, destaca que “para a regata de gamelas de 2023 realizouse unha restauración integral das embarcacións, deixándoas nunhas condicións óptimas para a competición: Estes traballos de restauración engloban os traballos de lavado, lixado, reparación de golpes e orificios con fibra de vidro, reposición da cabullería e elementos de amarre, reclavado dos reforzos do plan e finalmente os traballos de pintura e marcaxe, consistentes nunha man de imprimación, dúas mans de pintura e a colocación de todos os vinilos para a súa personalización”.
Así mesmo, todos os remos foron sometidos a unha restauración completa mediante tarefas de lixado e pintado, reparación de remadoiras e a preparación das empuñaduras para un correcto equilibrado dos remos.
Todos estes traballos foron realizados baixo o patrocinio de Grupo Eurored en colaboración co Excelentísimo Concello de Baiona.
Precisamente, a regata leva o título de Regata de Gamelas” Gran Premio Euro Rede Vigo 2023”.
O campo de regatas estará instalado como manda a tradición no porto pesqueiro o venres da Anunciada, día 4 de agosto, e as probas clasificatorias comezarán ese mesmo día ás 17:00 horas, rolda de clasificación feminina, ás 17:30horas, rolda de clasificación masculina. Ás 20:00 horas dará comezo a randa final feminina e media hora máis tarde a masculina.
Ás 21:00horas terá lugar a entrega de trofeos e premios en metálico para vos tres premios clasificados de ambas as categorías. Primeiro clasificado 300€, segundo clasificado 200€ e terceiro clasificado 100€.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal