Comeza o II Ciclo de Conferencias “O Falas das Pedras” que se impartirán os martes de xullo e agosto no Multiusos Mercado de Sabarís ás 20:30 h. Mañá iníciase co Catedrático de Literatura Española e escritor, Fernando Bartolomeu Benito.
Este ciclo de conferencias está organizado desde o Arquivo Histórico e Biblioteca Pública Municipal de Baiona. Iniciouse no ano 2019, sendo interrompidas no 2020 pola pandemia.
Este ano 2021 retómase a súa celebración e faise nunha nova localización, o novo edificio rehabilitado Multiusos Mercado de Sabarís situada na rúa Benito Fariña, número 3.
O ciclo, está formado por un corpus de presentacións de libros e charlas divulgativas como misión potenciar o patrimonio cultural e a actualidade editorial.
Realizado por: Marta González Pérez
Técnica de Comunicación
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal