A Concellaría de Igualdade do Concello de Baiona informa da apertura do prazo para inscribirse á acción formativa “Actividades Auxiliares de Comercio”. Cun total de 210 horas e, co fin de promover un achegamento práctico ao mercado laboral, inclúe 40 horas de prácticas.
Esta actividade forma parte da terceira e última fase do programa “Emprégate desde a Igualdade”. Ademais das 16 mulleres desempregadas que forman parte do programa poderán solicitar este curso todas aquelas mulleres desempregadas interesadas en formase nesta modalidade. Desenvólverase de forma presencial en grupos a través dun itinerario integrado e personalizado, con accións de apoio e acompañamento ao proceso de inserción laboral. Co fin de manter as medidas de prevención ante a COVID19 e atendendo ás necesidades de conciliación familiar e persoal das participantes, estableceránse varios grupos para asistir de luns a venres en horario de 09.00 hs a 13.00 hs.
Esta formación busca proporcionar a persoas en busca de emprego os coñecementos e as habilidades necesarias para realizar o traballo no sector do comercio e impulsar a súa inserción laboral. Entre as competencias xerais que adquirirán as persoas asistentes están as operacións auxiliares de punto de venda, preparación de pedidos, manipulación e movementos con transpalés e carretillas de man (inclúe carné de carretillero/a), atención ao cliente e calidade do servizo, operacións de caixa en venda, prevención de riscos laborais, inglés básico para comercio e procura activa de emprego.
O curso vai dirixido a mulleres desempregadas que teñan interese en formarse para traballar en tendas,comercios, supermercados e grandes superficies comerciais.
As persoas que desexen participar neste programa formativo poden anotarse chamando ao Centro de Información á Muller de Baiona (CIM) no 986 35 75 54.
O curso formativo “Auxiliar de Comercio” proporciona ás persoas beneficiarias unha completa formación que combina a práctica e a teoría. Esta actividade realízase como parte do proxecto “Emprégate desde a Igualdade” e está pensada para mellorar a empregabilidade das persoas , facilitando a súa incorporación ou reincorporación ao mercado laboral, mediante formación de capacitación técnica e práctica en empresa, e Itinerarios Individualizados de Inserción, que engaden á formación, os servizos de orientación e intermediación laboral.
A Concellería de Igualdade do Concello de Baiona, a través do Centro de Información á Muller, puxo en marcha non mes de novembro o programa “Emprégate desde a I gualdade. Esta iniciativa, promovida de forma conxunta co Instituto das Mulleres e para a Igualdade de Oportunidades, busca incrementar a empregabilidad das mulleres mellorando as súas expectativas e a súa calidade de vida.
Realizado por: Marta González Pérez
Técnica de Comunicación
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal