A praza do Concello de Baiona acolle mañá, 02 de xullo ás 22:30h, o primeiro dos monólogos que forman parte da programación “Baiverán 2023”. Será o monólogo de Miki Dkai “100%Talento 0%Censura”.
Un espectáculo cómico de “stand up”, onde este particular gaditano dará paus a torto e a dereito, con humor e respecto, pero coa picaresca andaluza que lle caracteriza.
Miki é un monologuista cunha longa traxectoria que participou en “As Noites do Club da Comedia”, “Comediants”, “Comedy Central”, “Paramount Comedy” ou “Pesadelo na Comedia” xunto ao mestre Quique San Francisco, con quen compartiu escenario durante moitos anos.
Nos seus espectáculos practica un humor moi particular baseado en feitos reais sobre a súa infancia, anécdotas e historias dun neno sen amigos, cuxa nai sente vergoña ao sacalo á rúa. Como el mesmo di, a súa historia é a dun neno que naceu cun pan debaixo do brazo, pero comeullo.
Prepárense para pasalo ben e sobre todo para rir!
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal