A Praza de Abastos de Baiona acolleueste esta mañá a presentación da cuarta edición do programa Degusta Europa, impulsado pola Deputación de Pontevedra. Esta iniciativa gastronómica, que permite levar a vangarda e a innovación na cociña aos mercados de abastos, celebrouse desde as 11:00 horas e ofreceu tapas gratuítas a todos os asistentes.
A veciñanza de Baiona e os prazeiros e prazeiras do mercado gozaron das preto de 1.000 tapas elaboradas polo alumnado do CIFP Manuel Antonio con produtos de KM 0 e todo o sabor das avoas.
Máis aló do tapeo gratis, a iniciativa pretende promover e impulsar os mercados, potenciando a enogastronomía e outorgándolles un toque de innovación grazas aos produtos de excelencia e proximidade.
No caso de Baiona, foron os alumnos do alumnado de CIFP Manuel Antonio os que traballen con produtos das nosas rías e das nosas terras para elaborar unha serie de tapas inspiradas na temática europea: Tosta de lacón con grelos, chopo de caldo galego, tosta de San Xoán, tacos de segredo…
O obxectivo de “Degusta Europa” é “consegue ligar produtos do mar e da terra e empregar produtos da nosa costa ou do noso interior que cada vez teñen máis demanda, como é o caso das mazás”.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal